A nosa banda nace no ano 1993, xa que neste mesmo ano desaparece a última banda do concello, a Banda de Música Cultural de Brántega, e foi impulsada pola Asociación de Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada que se constituiu presidida por D. Andrés Otero Vázquez. O seu primeiro director foi D. José Manuel Collazo Verde, que fixo da banda unha realidade e creou o que sería despois a Escola de Música Municipal de Agolada. No ano 1994 faise cargo da dirección do proxecto D. José Luis Quintás Carreira, unha persoa clave no proxecto, xa que é quen realiza a labor de promoción da Escola de Música. A partir deste impulso prodúcese unha renovación da plantilla case na súa totalidade.
Na actualidade, aínda que é unha das bandas máis novas da comunidade galega posúe un amplo e diverso historial xa que participou en festivais de música como o de Tomar e Vilanova de Cerveira (Portugal) ou Alcobendas (Madrid) e tamén en numerosos certámenes dentro da xeografía galega. No ano 1999 viaxou ata Valencia para ver de preto o desenvolvemento do concurso internacional de bandas de música “Ciudad de Valencia” e no 2003 ó Man a Man que celebran as bandas Artística e Armónica de Buñol (Valencia).
Dos premios acadados na súa traxectoria, cómpre salientar :
- 1º Premio no I Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2001) na Sección Terceira.
- 1º Premio no II Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2002) na Sección Terceira.
- 2º Premio no IV Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2004) na Sección Segunda.
- 1º Premio no VIII Certame de Bandas de Música da Excelentísima Deputación de Pontevedra (2008) na Sección Segunda.
- 1º Premio no II Certame Galego de Bandas de Musica da Federación Galega de Bandas de Música Populares na Sección Segunda
- 1º Premio no II Concurso Zonal de Bandas de Música organizado pola Deputación de Pontevedra na Sección Segunda
Ademais cabe salientar que en febreiro de este ano a Banda gravou o seu primeiro CD no auditorio de Vilagarcía de Arousa debido o seu 15 aniversario. Este contén entre outras, pezas coñecidas como, Magallanes ou a xota A Dolores, ademais dunha composición de Xoán Lois Diéguez, actual director da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadumia.
Na actualidade, esta agrupación ten a súa sede na Casa da Cultura da vila e está integrada por 50 músicos, case todos veciños do concello. Está respaldada pola asociación cultural “Amigos da Banda de Música Municipal de Agolada” constituída por máis 150 socios, así como por unha directiva da que forman parte membros da banda e pais/nais de nenos e nenas da escola. D. Nilo Jesús García Armas dirixe dende o ano 2005 a Escola de Música, que conta cuns 70 alumnos que garanten a continuidade da banda.En Xaneiro de 2007 D. José Luis Quintás Carreira deixa a batuta para centrarse na súa labor como profesor no Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela. Dende entón faise cargo da dirección da banda quen ata o momento ocupaba o atril de clarinete principal, D. Nilo Jesús García Armas, dando paso así a unha nova etapa para a agrupación.